Adiarase a liberación do dividendo dixital

Dossieres

Este primeiro de xaneiro as canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT) que realizan as súas emisións na banda de 800 megahercios terían que migrar a outras frecuencias. Era a data limite para que ese espazo pasara a ser ocupado polas compañías de móbiles 4G, na liberación do coñecido como "dividendo dixital".

A liberación do dividendo dixital, acordada polo Goberno español coa Comisión Europea, levaba acumulando retrasos desde o ano pasado, e o goberno xa puxera o comexo do ano 2015 como fin do prazo para realizar a migración.

Con todo, nos últimos meses foron continuas as críticas de instaladores, operadores e outras voces do sector, que alertaron en varias ocasións da imposibilidade material de cumprir estes prazos e da posibilidade de que unha boa parte da poboación quedara sen acceso a varias canles da TDT

Se ben o executivo afirmou en varias ocasións que non se contemplaba un novo adiamento da data límite para a liberación, finalmente, e en espera de que o aprobe o Consello de Ministros, parece que o dividendo dixital sufrirá un novo atraso, e que o prazo será extendido tres meses, até o 1 de abril de 2015.

Neste dossier, recollemos varias das informacións ao redor do difícil proceso de liberación do dividendo dixital.

CPXG

Documentación