Aprobados finalmente os recortes en Unidad Editorial

Dossieres

Os traballadores de Unidad Editorial aprobaron na segunda votación os recortes pactados entre o Comité de Empresa e a dirección no pasado mes de xullo. O acordo alcanzado inclúe que non haberá despedimentos ata marzo de 2014.

O acordo xa fora votado e rexeitado polos traballadores o pasado 4 de setembro, por a penas 45 votos. Tras o rexeitamento, a empresa asegurou que se puña en perigo a súa viabilidade e ameazou con 400 despedimentos, polo que o persoal aceptou realizar unha segunda votación.

Nesta segunda votación emitíronse 1.142 votos (78%) dun censo total de 1.464 persoas. En total, votaron si 844 personas (73,90%), non 226 (19,70%), en branco 71 (6,20%) e nulo 1.

Recollemos neste dossier as últimas novas relativas á negociación destes recordes no grupo editor de El Mundo.

Documentación