As mulleres xornalistas crecen en número, pero seguen en peores condicións que os seus compañeiros
Son máis as mulleres que se licencian nas facultades galegas, pero atópanse nunha situación de 'invisibilización', tanto nas redaccións dos medios como nos contidos que se tratan cada día.
A uns pasos do Día da Muller Traballadora é significativo destacar as condicións desiguais en que se atopa un colectivo como o das mulleres que se dedican á comunicación, determinante polo reflexo que ten na sociedade.
Aínda que son cada vez máis as licenciadas nas facultades de Ciencias da Comunicación, o certo é que a súa situación laboral segue a caracterizarse pola precariedade nos salarios, a escasa presenza en altos cargos e a dificultade para lograr conciliar os ámbitos familiar e laboral.
Na Mesa de la Igualdad da V Convención de Periodistas de España, que tivo lugar en maio do pasado 2007, denunciouse esta situación, ao tempo que se asociaba cunhas dinámicas erróneas de traballo. Así pois, segundo as ponentes desta Mesa, a desigualdade que sofren as xornalistas respecto aos seus compañeiros masculinos derívase de prexuízos machistas que están asumidos pola sociedade. Contribúe á asimilación destes prexuízos á discriminación que se fai nas redaccións, onde as mulleres encárganse de áreas menos significativas, como 'xente', 'moda' ou 'sucesos' no canto de ocuparse do bloque de sociedade. Ao mesmo tempo, son contadas as xornalistas que ocupan cargos de poder, e moitas temen quedar embarazadas polas repercusións que poida ter no seu traballo.
Ademais as ponentes desta Mesa incidiron na importancia de coidar os contidos dos medios. En moitas noticias 'invisivilízase' á muller, aludindo a ela como simple obxecto de desexo ou empregando un número moito maior de fontes expertas masculinas. Tamén a linguaxe pode derivar nun xeito de machismo, polo que se recomenda prestar atención aos termos empregados.