Caso Couso

Dossieres

A morte de José Couso está sen resolver. Pero non porque non saibamos quen foron os asasinos, confirmados polo propio Pentágono, senón porque as continuas excusas do bando culpable por xustificar a acción non deixan de sorprender á infatigable loita da súa familia por facer xustiza.

Os militares que estaban o 8 de abril de 2003 no tanque que disparou apuntando ó hotel Palestina, aseguraron que houbo disparos dun francotirador desde o propio hotel, que foi un acto de defensa, logo un tiro reflexo. José Couso, despois de ser ferido, dixo que fora o tanque.

Un video grabado pola cadena de televisión France 3 desde o hotel amosa cómo se move a torreta do tanque en dirección ó hotel, levanta o cañón e agarda alomenos dous minutos antes de disparar.

Xunto a José Couso morreu tamén o cámara ucraniano de Reuters Taras Protsyuk e outros tres xornalistas da axencia resultaron feridos.

Documentación