Código ético dos bloggers

Códigos Deontolóxicos

Partindo de que non tódolos blogueiros son xornalistas e da informalidade do formato do weblog, o colectivo argumenta que non deberían ser seguidos os mesmos códigos éticos que no xornalismo.

Algúns blogueiros estiveron debatindo recentemente sobre o establecemento dunha ética na súa propia comunidade. Partindo de que non tódolos blogueiros son xornalistas e da informalidade do formato do weblog, o colectivo argumenta que non deberían ser seguidos os mesmos códigos éticos que no xornalismo. No entanto, existen blogueiros que recoñecen que debido a que os seus texos son públicos teñen certas obligacións éticas cos seus lectores, a xente da que falan e coa sociedade en xeral.

CyberJournalist.net creou un modelo de Código ético para os bloggers mediante unha adaptación do Código ético da Sociedade de Xornalistas Profesionais (Society of Professional Journalist) para o mundo do weblog. Estas son só unhas liñas de guía que ó final serán levadas a cabo individualmetne polos blogueiros mediante a escolla das súas mellores prácticas. CyberJournalist.net segue este código e insta a que os outros
weblogs adopten este ou sigan prácticas similares.

A integridade é a pedra angular da credibilidade. Os blogueiros que adopten este código de principios e estos estándares de prácticas non só deben seguir as prácticas éticas ao publicar, senón que deben convencer ós seus lectores de que poden confiar neles. 

Documentación

Descargar todo