Concentracións e manifestacións perante a crise do sector

Dossieres

Centos de redactores e cámaras de toda Galicia participaron o 26 de Maio no inicio da campaña de denuncia dos despedimentos e a precarización no sector. Organizados polo Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e vestidos con camisetas co lema 'Máis despedimentos, menos información', os informadores 'animaron' aos políticos a pronunciarse sobre a vaga de despedimentos.

Fernadez Lores en Pontevedra

"Pero realmente hai tantos despidos e ERES nos medios?", preguntou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ao ser informado que case no 63 por cento das empresas houbo despedimentos ou non renovacións de contratos nos últimos meses.

Lores comprometeu que "aínda que imos a restrinxir o gasto corrente para loitar contra a situación económica, manteremos a colaboración cos medios xa que sabemos que mantela é garantir os postos de traballo".

Leiceaga e Barcón en Santiago

Pola súa banda o voceiro parlamentar do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou no Parlamento de Galicia que o seu partido poñerase en contacto cos representantes dos traballadores co fin de que "poida ter algunha iniciativa nesta dirección, porque o combate da precariedade e dos despidos inxustificados forma parte da nosa acción política nestes meses".

A súa compañeira de partido, a deputada Mar Barcón, destacou a situación de interinidade de gran parte do cadro de persoal da CRTVG. Este problema "era unha das cuestións que o noso secretario xeral quería poñer enriba da mesa se se tivesen aberto as negociacións en torno ao posible acordo da traxectoria que debería seguir a CRTVG", indicou Barcón, quen se pronunciou en contra dunha hipotética privatización do ente público. "O xornalismo é tamén algo máis que unha profesión, é liberdade, sustento da democracia, capacidade de información da cidadanía", concluíu a parlamentaria nunha rolda de prensa en Santiago.

Raquel Díaz e Santos Héctor en Vigo

En Vigo, a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, dixo que "sempre estivemos do lado dos traballadores e aceptamos calquera forma de reivindicació n. Nunha ocasión o alcalde dixo que vos merecedes moito máis do que tedes".

Pola súa banda, o concelleiro de Emprego do Concello, Santos Héctor, afirmou "que tedes o noso apoio e a nosa solidariedade. Propóñavos que poñades por escrito as reivindicació ns concretas e pasareillas ao alcalde".

O SXG reclama condicionar as axudas ao emprego estábel

O Sindicato aproveitará estas invitacións dos políticos para facerlles chegar as súas reivindicació ns. Entre outras, estan pasan por condicionar as cuantiosas axudas e publicidade nos medios á creación de emprego estábel, como comprometeron os tres partidos con representació n parlamentaria no propio Parlamento de Galicia.

A administració n non pode colaborar en que empresas que reciben un nivel tan elevado de axudas públicas manteñan aos seus profesionais con altísimos niveis de precariedade e baixo horarios abusivos..

Agradecementos e desculpas

O Sindicato agradece a súa participación a todos os informadores, afiliados ou non. Unicamente a través da colaboración poderase contrarrestar a vaga de despedimentos en marcha coa escusa da crise.

O SXG tamén agradece de novo o apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do Movemento polos Dereitos Civís a esta acción. Por último, o SXG descúlpase ante os compañeiros que solicitaron a última hora unha camiseta e que ficaron sen ela ao esgotarse as existencias.

SXG

Documentación