Concesión de axudas aos medios de comunicación
El País volveu a denuncia que Xunta de Galicia repartiu a dedo millóns de euros en 2004 segundo un informe do Consello de Contas. En xuño de 2006 o Colexio de Xornalistas, que xa viña reivindicando un maior control nestas concesións, emitiu unha proposta para a concesión das subvencións que aínda non foi respostada por parte do goberno autonómico.
Reproducimos a continuación o documento que se deu a coñecer en rolda de prensa o día 17 de xuño de 2006
A búsqueda dunha información de calidade, contribuir a facer real o pluralismo e a diversidade, e facer posible un sistema mediático cohesionado e competitivo, no que á lingua se lle garanta un estatus de normalidade, son obxectivos nos que deberan centrar as súas directrices as políticas de comunicación un Goberno democrático.
Non sucedeu así ata o de agora en Galicia, onde as axudas aos medios viñeron formando parte do mercadeo político, obviando para iso os procedementos de publicidade, obxectividade e control parlamentar.
Esta total ausencia de transparencia e de criterios para o reparto de axudas favoreceu unha perversa complicidade entre os medios e o poder, o que trouxo como consecuencia o seu descrédito.
As forzas políticas que conforman o actual goberno de coalición, PSdG e BNG, comprometéronse nos seus programas e nas súas procramas a mudar de raíz o modelo de relación cos medios de comunicación privados. Así llo demandaran numerosos colectivos sociais, alarmados pola perigosa deriva na que deran as políticas de comunicación durante os anos do fraguismo, e así o souberan recoller. Un deles, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que denunciou sempre o oscurantismo e a mercadotecnia política nos procesos de concesión de axudas públicas aos medios de comunicación privados.
O goberno bipartito ten agora a mellor ocasión para cambiar a natureza das relacións entre o poder político e os medios, sempre coa perspectiva de potenciar e dinamizar en Galicia o seu espazo social de comunicación, que non será real a menos que o sistema mediático se acople ás múltiples demandas dun país plural. Para iso terá que establecer criterios de actuación que teñan como horizonte os obxectivos que se lle esixen a unhas políticas de comunicación non contaminadas.
Para contribuir en positivo a ese cambio, o CPXG elaborou unha proposta cos criterios que mellor poderían obxectivar a distribución de axudas, sempre na perspectiva de contribuir ao afortalamento do noso sistema de comunicación e á súa democratización, que terá na calidade, no pluralismo e na diversidade de modelos o seu verdadeiro norte.