Dereitos de Autor
Ninguén sabe moi ben onde queda a propiedade intelectual e os dereitos de autor tras a irrupción de Internet e a dixitalización das obras. As revistas de prensa ou empresas 'press-clipping' distribúen comercialmente contidos de xornais sen ter autorización, o que vulnera a Lei española 23/2006, sobre Propiedade Intelectual.
As revistas de prensa utilizan resumos de noticias realizadas por xornalistas, sen autorización expresa dos autores, o que implica unha usurpación da propiedade intelectual, ademais de contribuír a unha baixa trepidante de venda de xornais cada día.