Desmantelamento de El País Galicia
Se hai unha semana, Prisa anunciaba aos traballadores da edición galega de El País unha drástica reducción de páxinas, este venres a empresa comunicoulles que o vindeiro martes presentará un gran ERE para o diario.
O Expediente de Regulación de Emprego, do que aínda non se avanzaron datos, cebaríase especialmente coas delegacións do periódico.
A eliminación do caderno de información galega do El País recebeu numerosas críticas, entre elas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que destacou que a medida "afecta moi negativamente á biodiversidade informativa que debe existir en calquera sociedade". Na plataforma Change.org, asemade, creouse unha petición contra esta desaparición.
O ERE de El País súmase a outros expedientes de regulación e axustes emprendidos por Prisa e que se retomaron no último mes. Así, o 4 de setembro a empresa presentaba un ERE para Cinco Días, a división de revistas e a comercializadora Prisa Brand Solutions e este mesmo mércores despediu a 90 traballadores nestes departamentos.
O ERE en Cinco Días e a división de revistas ten provocado varios días de paro e unha folga de sinaturas.