Día Mundial da Liberdade de Prensa
Os gobernos son culpables de "censura, hipocrisía e neglixencia" e están pondo a liberdade de prensa no fío dunha navalla en todo o mundo, declara a Federación Internacional de Xornalistas (FIP) no seu comunicado sobre o 3 de maio, Día Mundial da Liberdade de Prensa.
"En todo o planeta, os gobernos eluden defender a liberdade de prensa e os dereitos dos xornalistas", declarou Jim Boumelha, presidente da FIP, quen engadiu: "Nese proceso, pon en perigo as liberdades civís e a democracia".
En nome da seguridade e o antiterrorismo, os xornalistas convertéronse en obxectivo da policía e das autoridades de moitos estados. "Ata estados democráticos están instaurando leis que constriñen o exercicio do xornalismo", declarou Boumelha. "Cada vez é máis frecuente, fisgar no traballo dos reporteiros de investigación e presionar aos xornalistas para revelen as súas fontes. Como resultado, os medios de comunicación traballan nunha atmosfera de intimidación na que a censura, directa ou indirecta, convértese en rutina".
A FIP afirma que a súa decisión de non acudir aos actos pola liberdade de prensa, que celebra a UNESCO en Qatar, xunto ao goberno, reflicte a súa preocupación porque -aínda que se celebra nun país que apoia un centro para a liberdade internacional dos medios- trátase dun estado que non permite aos xornalistas organizar as súas propias asociacións ou sindicatos.
A FIP escribiu á UNESCO para expresarlle a súa preocupación polos actos de Doha, que -afirma- subliñan a hipocrisía dos gobernos que predican a democracia máis aló das súas fronteiras, pero negan dereitos fundamentais no seu propio territorio.
En lugar diso, a FIP acudirá a outro acto que terá lugar na mesma rexión, concretamente en Bahrein, onde abriu unha oficina rexional para impulsar o xornalismo ético. A FIP apoia á Asociación de Xornalistas de Bahrein na súa campaña para que o parlamento daquel país aprobe unha lei de prensa longamente desexada. "Polo menos alí, os xornalistas teñen voz", afirma Boumelha.
A FIP declara que hai que presionar máis aos gobernos para que defendan os principios da libre expresión e da liberdade de asociación.
Tamén subliña que algúns gobernos expresan o seu pesar polos asasinatos de xornalistas en países afectados por guerras e conflitos, como en Iraq, ou polos que matan narcotraficantes e outros criminais, para inducir á "censura pola violencia"; pero a miúdo evitan actuar contra a impunidade que permite aos asasinos escapar da xustiza.
A FIP sinalará tamén a xornada co lanzamento do seu segundo informe "Breaking the Chains" (Rompendo as cadeas), sobre o mundo árabe e Irán.
"É hora de que os estados fagan honra ás súas responsabilidades internacionais e protexan aos medios. Deben permitir aos xornalistas traballar en liberdade, sen intimidación, e crear as condicións para a liberdade de prensa", afirma Boumelha.
A FIP representa a uns 600.000 xornalistas en 123 países.