Dimisión de González-Echenique

Dossieres

Este xoves 25 de setembro o até daquela presidente da Corporación Radiotelevisión Española (CRTVE), Leopoldo González-Echenique, presentaba a súa renuncia ao consello de administración, dous anos e dous meses despois de chegar ao cargo. O conselleiro do PP José Manuel Peñalosa asumiu a presidencia en funcións.

González-Echenique segue o camiño dos dous presidentes que o precederon, Luis Fernández e Alberto Oliart, que tamén dimitiran dos seus cargos. Con el, todos os presidentes desde que a RTVE se convertiu nunha corporación renunciaron voluntariamente.

No fondo da súa renuncia están os problemas de viabilidade económica da CRTVE e a imposibilidade de asegurar unha inxección económica por parte do Goberno. Neste dossier recollemos algunhas das últimas informacións sobre os problemas económicos da Corporación.

CPXG

Documentación