ERE na Radiotelevisión Valenciana

Dossieres

O ente de Radiotelevisión Valenciana (RTVV) presentaba o pasado luns un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para 1.295 traballadores, o que reduciría o persoal da empresa a a penas unhas 400 persoas.

O ERE, aprobado o mércores no Consello de Administración, cos únicos votos a favor do PP, provocou desde o primeiro momento numerosas protestas dos traballadores, que xa ao día seguinte do anuncio ocuparon o estudio de Canal 9 impedindo a emisión do informativo do mediodía. Os traballadores están convocados a unha folga os vindeiros 26 e 27 de xullo contra os despedimentos.

Asímesmo, organizacións como a Unió de Periodistes Valencians ou a propia Academia de Televisión mostraron o seu rexeitamento ao ERE.

Desde Galicia, a CRTVG evitou calquera comparación coa situación da RTVV, asegurando que o "modelo de liña de axuste permanente" sitúa ao ente galego lonxe do seu equivalente valenciano. Os traballadores da Compañía de Radiotelevisión de Galicia, pola súa banda, aproveitaron a concentración contra os recortes deste xoves 19 para amosar a súa solidariedade cos compañeiros da RTVV.

Documentación