Estatuto do xornalista profesional

Dossieres

Neste espazo compílase toda a información e documentación sobre o Estatuto do Xornalista Profesional e outras normas relacionadas, achegando os distintos puntos de vista sobre os marcos legais de referencia á hora de cubrir o dereito dos cidadáns á información.

O 23 de novembro de 2004 acorouse a tramitación parlamentaria da proposición de lei do Estatuto do Xornalista Profesional, co fin de establecer un marco legal que rixa a profesión e que garanta o exercizo do dereito á información. Actualmente a proposta de Estatuto continúa en fase de estudio no Congreso dos Deputados.

A polémica acompaña o camiño percorrido polo Estatuto, con posicións encontradas sobre a conveniencia da súa creación e sobre outros aspectos de especial relevancia, como os requisitos de acceso á profesión, o debate sobre a necesidade de licenciatura, as incompatibilidades ou o poder nos diferentes medios de comunicación.

Documentación