Guía de linguaxe inclusiva

Recursos

O alumnado da materia "Redacción Informativa" da Facultade de Comunicación da USC, coordenado polos profesores Xosé López e José Casás, elaborou, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a Guía de linguaxe inclusiva. Este traballo parte do proxecto de Innovación Educativa de Aprendizaxe-Servizo “Xornalismo colaborativo e transmediático contra a discriminación social” e toma como referencia o traballo de Nacho Mirás.

A Guía de linguaxe inclusiva recolle pautas e consellos para evitar o sexismo ou o racismo na linguaxe, así como recomendacións para o tratamento xornalístico de colectivos como os nenos e nenas, as persoas maiores, a comunidade LGTBQI, as persoas migrantes, as persoas privadas de liberdade ou as persoas con capacidades diversas. As coberturas de temáticas sensíbeis como a pobreza, o desemprego, as catástrofes e emerxencias, a cooperación Internacional, o comercio xusto e o medio ambiente son tamén abordadas na publicación.

Documentación