Informa_Dor: Guía práctica para o tratamento informativo da saúde mental
1 de cada 4 persoas experimentarán na súa vida un problema de saúde mental, sendo máis frecuentes os trastornos ansiosos e depresivos, cunha tendencia ascendente nos últimos anos. A porcentaxe de persoas que padecerán nalgún momento da súa vida un trastorno psicótico é do 1%. Os medios de comunicación xogan un papel moi notable en achegar o coñecemento sobre este eido da saúde á cidadanía. Ademais, neste proceso xogan un papel destacado á hora de axudar a desterrar estereotipos, prexuízos e discriminación contra as persoas que padecen unha enfermidade mental, converténdose en axentes de prevención contra o estigma tantas veces asociado á saúde mental.
Partindo da idea de que a enfermidade mental é unha circunstancia máis da persoa que a padece e a inmensa maioría leva unha vida normalizada, propoñemos as seguintes suxestións á hora de abordar información sobre este ámbito da saúde:
QUE PODES FACER
Os tratamentos funcionan. Fala de persoas, anónimas ou non, capaces de levar unha vida plena e integrada #NormalizaciónDaEnfermidadeMental
Inclúe as persoas con enfermidade mental como fontes e interlocutores. Visibiliza e normaliza #RachaPrexuízos #SenEstereotipos
Coida a exactitude dos termos. Se a enfermidade mental é importante para a información emprega o diagnóstico específico #NonValeTodo
Difunde a loita polos recursos necesarios para unha atención á saúde mental de calidade, inclusiva e completa #AtenciónSanitariaDeCalidade
Coida a perspectiva de xénero para evitar a dobre discriminación das mulleres con enfermidade mental #DesigualdadeDeXénero #SaúdeMental
OLLO!
Rexeita a linguaxe discriminatoria e estigmatizante que unicamente define á persoa pola súa enfermidade mental #SomosMáisQueUnhaEnfermidade
As persoas con enfermidade mental teñen a mesma probabilidade que calquera outra de cometer actos violentos #NonSimplifiques
Evita o uso inapropiado ou fóra de contexto de termos propios da saúde mental #NonFrivolices
A enfermidade mental é un rasgo máis da persoa. Non a menciones se non é relevante para o feito noticioso. #NonAoMorbo
A maioría das enfermidades mentais son invisibles. Non alimentes prexuízos con imaxes que transmitan illamento e soidade #DesfaiEstereotipos
FONTES
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
981 534 049 copgalicia@copgalicia.gal
Unidade de 'Venres Clínicos' da Facultade de Psicoloxía. USC.
881.813.918
Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta. Estrella Romero. 881.813.769/926
Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES)
Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Xunta de Galicia.
981 541 806
Movemento Galego da Saúde Mental, Eliana Martíns
699 908 968 | 981 534 049
Feafes Galicia
981 554 395
feafesgalicia@feafesgalicia.org
OUTRAS RECOMENDACIÓNS
Cando sexa informativamente relevante, podes falar de “persoas con enfermidade mental / con problemas de saúde mental”
Se é necesario mencionalo, especifica o trastorno concreto. Evita calificativos ou termos que etiqueten a persoa pola súa enfermidade
Refírete a “centros de saúde mental”, “de rehabilitación”, en lugar de manicomios ou centros de internamento. Tamén podes falar de “ingresos hospitalarios” en lugar de “reclusión” ou “encerros”
O que se ve é moi importante. Non elixas imaxes manidas, estereotipos, negativas ou extravagantes. Falamos de persoas con familia, aspiracións, preocupacións, responsabilidades...