Informa_Dor: Guía práctica para o tratamento informativo sobre menores
Á hora de abordar unha información relativa a menores resulta esencial ter en conta o “superior interese do menor”, é dicir facer prevalecer os dereitos dos/as menores sobre calquera outro, incluído o do dereito á información. A relevancia do “superior interese do menor” cobra especial importancia cando as informacións poden categorizarse pola súa natureza negativa (episodios de violencia, maltrato, menosprezo, vexación, ultraxe,...). O obxectivo é protexer o menor, non só dende a inmediatez, senón a longo prazo, tratando de que os erros que puidera ter cometido ou as circunstancias en que se teña desenvolvido a vida do menor, produzan o impacto social máis leve posible na súa vida como adulto.
Partindo desta consideración, na elaboración das informacións deberase atender aos seguintes dereitos dos/as menores:
- Dereito á propia imaxe
- Dereito ao honor e á intimidade
- Dereito á presunción de inocencia e dereito á defensa
- Dereito á resocialización
QUE PODES FACER
Informa de xeito veraz e con rigor. Unha información distorsionada pode marcar ao menor de por vida #NonÉSóUnhaNoticia
Contribúe á construír unha imaxe xusta da #infancia. Atende aos seus logros, capacidades e iniciativas #EnPositivo #NonSóFanBotellón.
#Respecta os #sentimentos dos menores ante un suceso tráxico. Poden sentirse intimidados ante a presenza dos medios de comunicación.
Contextualiza o conflito illado. Evita xeralizacións negativas sobre a infancia e a adolescencia #NonSóVítimasOuAgresores.
Só o interese xeral real pode chegar a xustificar a difusión de informacións sobre menores sen consentimento #Protexe o seu anonimato.
OLLO!
Coida que os datos que inclúas non permitan a identificación do menor, tampouco na súa contorna próxima #Protexe o #DereitoÁPropiaImaxe.
Redobra o celo no uso de imaxes. As fotos das súas redes sociais son súas. Sopesa o interese xeral e #Protexe a súa #Privacidade.
Evita a difusión de vídeos de pelexas e humillacións #FeitosIllados #InfanciaEnPositivo Que imaxe de si mesmos lles estamos a trasladar?
Non sinales ao menor ou á súa familia pola súa procedencia ou relixión #NonáDiscriminación
FONTES
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 981 534 049 copgalicia@copgalicia.gal
Unidade de Atención Temperá (Facultade de Psicoloxía USC). 881.813.759
Unidade de Dificultades no Desenvolvemento e a Aprendizaxe (Facultade de Psicoloxía USC). 881.813.936
Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta (Facultade de Psicoloxía USC). 881.813.769 | 881.813.926
Unidade de Psicoloxía Forense (Facultade de Psicoloxía USC). 881.813.871
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. 981 545 622
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. 981 544 807
Dirección Xeral de Inclusión Social. 981 544 895
Apega, Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia, apega@apega.org, presidente José Manuel Suárez. 698 159 760
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. TSXG, Oficina de Comunicación, comunicacion.tsxg@xunta.es, 981 182 173 | 618 382 457
Igaxes3, Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Área de Comunicación: Pedro Solla, 606 147 623 | 981 561 169, comunicación@igaxes.com
OUTRAS RECOMENDACIÓNS
Na utilización de imaxes de menores, o único límite ao dereito á información é que non se menoscabe a súa honra ou reputación e que a información non sexa contraria aos intereses dos menores. (Sen esquecer que falamos de información veraz e de interese xeral).
Neste senso, o Tribunal Supremo lembra o principio de proporcionalidade: a información debe ser adecuada ao fin pretendido (ofrecer información veraz e de interese xeral), necesaria e proporcional en sentido estrito (confrontar a necesidade de informar coa vulneración ou dano que pode ocasionar ao dereito á intimidade).
A difusión de noticias veraces e de interese público que afecten a menores de idade e que poidan xerarlles un dano á súa reputación, intimidade ou interese, estará amparada polo ordenamento sempre que non sexan identificados (poden utilizarse sistemas de distorsión de voz ou imaxe, utilización de iniciais e excluiranse aqueles datos que directa ou indirectamente identifican o menor).
Dende o punto de vista legal, as seguintes normas protexen en distinta medida a figura dos menores:
Constitución Española
39.4 “Os nenos gozarán da protección prevista nos acordos internacionais que velan polos seus dereitos”.
Lei Orgánica 1/1996 de Protección Xurídica do Menor
Instrucións da Fiscalía Xeral do Estado 2/2006 e 1/2007 sobre protección do dereito á honra, intimidade e propia imaxe dos menores
Declaración Universal dos Dereitos Humanos (nomeadamente o artigo 25 protexe a infancia e a maternidade)
Declaración dos Dereitos do Neno
Convención dos Dereitos do Neno