Informe do CPXG sobre a cobertura do accidente de Barajas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a través do seu Observatorio Galego dos Medios, publica o Informe sobre o tratamento informativo do accidente de Barajas, que analiza a cobertura dos principais medios con penetración en Galicia sobre a traxedia do voo JK5022.
O relatorio ten a súa orixe nos últimos días de Agosto, cando a Xunta de Goberno do CPXG expresara a súa preocupación polo comportamento dos medios no tratamento deste acontecemento, e encargara ao OM a realización dun estudo detallado.
Para realizar este informe, análizáronse as noticias que sobre o accidente se elaboraron en nove xornais galegos, así como nos servizos informativos de cinco televisións con recepción en Galicia, seguindo especialmente a primeira semana, na que a actualidade do accidente centrou a axenda mediática.
Tamén se analiza que televisións cubriron o acontecemento mediante programas de entretemento, e como foi tratado por estes.
Entre os erros encontrados no tratamento mediático, destacan a busca de hipóteses sobre as causas do accidente, moitas veces construídas apenas sobre rumores e especulacións.
Tamén se observa unha información centrada nas historias persoais e en datos anecdóticos da biografía das vítimas, que só fornecen á información cun tinte amarelista. Por último, especialmente no caso das televisións, observouse un desrespecto pola dor dos e das afectadas, chegándose en moitas ocasións mesmo a perseguir a familiares.
Todo isto repercutiu nunha información tinxida de amarelismo, que pode aumentar a dor das persoas afectadas e a posibilidade de psicose entre a poboación.
Finalmente, o Informe remata cun decálogo, elaborado polo OM, no que se propoñen pautas e recomendacións para o tratamento deste tipo de catástrofes, dentro da liña xeral de traballo na busca por unha maior responsabilidade dos medios e un xornalismo máis responsábel.
COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA