Informe sobre o tratamento do accidente do Rally da Coruña en Carral (2015)
Informe que analiza o tratamento informativo nos principais medios galegos do accidente do Rally da Coruña acontecido en Carral o 5 de setembro de 2015.
O 11 de setembro de 2015, recibiuse no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, por correo electrónico, un escrito remitido pola Asemblea Cidadá de Carral no que denunciaba o tratamento informativo que a prensa, sobretodo a escrita, realizou do accidente do rally en Carral o 5 de setembro. Ante esta denuncia, o Colexio de Xornalistas iniciou a súas pesquisas para realizar un seguemento informativo da nova e ver en que medida sobrepasaba a ética da profesión.