Informe sobre sobre o uso do chaleco identificatorio dos xornalistas (2014)
Elaborado a petición do Movemento polos Dereitos Civís, que elevara unha queixa ao Defensor del Pueblo pola actuación policial en Madrid o 29 de marzo de 2014.
Este informe sobre o uso do chaleco identificatorio dos xornalistas elaborouse a petición do Movemento polos Dereitos Civís, que elevara unha queixa ao Defensor del Pueblo pola actuación policial en Madrid o 29 de marzo de 2014. Na súa resposta, o Defensor del Pueblo indica que "nas imaxes pode observarse a determinadas persoas que [...] non portan prenda algunha alusiva á súa condición de informador [...], polo que non cabe entender que existira unha actuación policial incorrecta". O CPXG recorda que "identificarse ou non con este chaleco é unha opción voluntaria que, en todo caso, só afecta aos afiliados das organizacións que asinaran ou asinarán convenios deste tipo".