Jose Antonio Sánchez será o novo director da RTVE

Dossieres

O sábado 4 rompíanse as negociacións entre PP e PSOE para propor un director da Radiotelevisión Española. As diferenzas entre os populares, que só querían falar de nomes, e os socialistas, que propuñan discutir tamén o "modelo" da RTVE, provocaron que o luns seguinte o PP propuxera unilateralmente a José Antonio Sánchez.

José Antonio Sánchez, actual director xeral de Radio Televisión Madrid, xa foi director xeneral de RTVE entre 2002 e 2004. O seu nome, asociado ao ERE da cadea pública madrileña, e a etapas cuestionadas do ente público estatal, foi criticado pola oposición e por organizacións profesionais, que reclamaron que se buscara un consenso para o nomeamento.

Este dossier recolle algunhas das principais noticias producidas na procura dun candidato para a dirección do ente público, así como as principais reaccións trala presentación da candidatura de Jose Antonio Sánchez.

Documentación