Lei de reducción da publicidade en RTVE

Dossieres

A Goberno estatal anunciou nos últimos meses que desenvolverá unha lei co obxectivo de suprimir gradualmente a publicidade nos medios públicos. Esta intención creou incertidume entre traballadores e anunciantes, que expresaron as súas reticencias ao contido e desenvolvemento deste plano.

O presidente do Comité Xeral Intercentros (CGI), Teo Altieri, solicitou en Abril unha reunión para abordar a eliminación da publicidade en TVE coa vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega. Á espera da reunión, as especúlacións falaban de mobilizacións e folga.

Pero o secretario xeral de CC OO, Ignacio Fernández Toxo, mostrouse como «un convencido do sostemento» dos medios públicos e avisou de que «ó mellor lamentamos non ter feito as cousas ben o día en que todas as canles de información estean en mans do sector privado».

Toxo lembrou que, debido á crise, o sector dos medios de comunicación «está moi afectado», o que implicou unha «loita terrible por cotas de mercado que fai máis difícil defender a idea duns medios públicos».

«Así mesmo, CC OO alertou a través dun comunicado de que os recortes publicitarios suporán «beneficios nulos» en materia de emprego. Este sindicato reclamou un marco de negociación «pondo fin ás relacións privilexiadas de interlocución» e incorporando á televisión pública. «A televisión experimenta unha das menores caídas publicitarias fronte ás diminucións doutros sectores», apuntou. Así mesmo, esixiu ó Goberno a definición do seu modelo audiovisual, en especial os asuntos relacionados coa TDT.

Pola súa parte, a vicepresidenta primeira do Goberno, Fernández de la Vega, asegurou que o Goberno aínda non tomou unha decisión sobre a TDT de pagamento, «máis alá de que houbese un anuncio por parte de Industria», no que se explicaba a apertura de solicitudes para este servizo.

LA NUEVA ESPAÑA / CPXG

Documentación