Maltrato ao xornalismo
Os sindicatos de xornalistas denuncian que a falta de regulación legal posibilita tratamentos lamentables como o da nena morta en Tenerife.
Nos últimos días, os cidadáns tiveron que asistir ao lamentable espectáculo de ver a moitos xornalistas e medios de comunicación pedindo desculpas polo tratamento inadecuado e desproporcionado que deran antes a un caso supostamente delituoso: a morte dunha nena en Tenerife e a presunta responsabilidade que a policía atribuíu ao compañeiro sentimental da nai.
Se os medios de comunicación, coas excepcións pertinentes, limitáronse a cumprir o seu deber de informar con imparcialidade, sen contribuír ao morbo, non teríán que desculparse. Simplemente, sería un erro das fontes informantes.
Desgraciadamente algúns medios lanzáronse sobre os restos da noticia, coa escusa de buscar unha exclusiva cando en realidade só perseguían, unha vez máis, o morbo: presumiron de lograr entrevistar ao home inicialmente acusado cando este se atopaba en tratamento psicolóxico e apenas podía pronunciar palabras intelixibles, até o punto de que as televisións que difundiron as súas declaracións tiveron que pór subtítulos para que se entendesen.
Ao dano que esta actuación dos medios produce aos profesionais da información uniuse a duns policías que, para deter ao home que mantiña atada e secuestrada a unha muller nunha caixa de aforros de Burgos, fixéronse pasar por xornalistas para poder entrar na entidade e reducilo. Esta simulación é moi perigosa para a actividade xornalística e demostra a crecente falta de respecto cara a esta profesión.
Os medios de comunicación, e de xeito especial os programas de televisión supostamente xornalísticos concibidos exclusivamente como mercancía son os principais responsables deste descrédito.
Demandas da FeSP e do SXG
Ante todo isto, a Federación de Sindicato de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia ante a opinión pública que estes feitos lamentables non van ser sancionados, e só obrigarían a unha petición de desculpas, porque non está regulado por lei o dereito á información da cidadanía e, xunto a el, os dereitos e deberes dos xornalistas.
Este tipo de comportamentos por parte de medios e xornalistas non se van a impedir con acordos de autorregulación que, como se demostrou ata a saciedade, as empresas non cumpren porque só lles preocupa a audiencia. Só unha regulación da profesión xornalística por lei, coa posibilidade de impor sancións, evitará actuacións profesionais lamentables que cada vez son máis frecuentes.
Ata agora, os intentos dos sindicatos e organizacións de xornalistas non prosperaron no Congreso dos Deputados, debido a que o Goberno non quixo enfrontarse á oposición dos grandes grupos de comunicación e preferiu non cumprir a súa reiterada promesa electoral, así como á falta de vontade dos dous grandes grupos parlamentarios, o PSOE e o PP. A FeSP fai un chamamento, unha vez máis, ao Executivo e ao Parlamento para que poñan fin a esta situación, insólita na Unión Europea.
FESP / SXG