Manolo Lama e o esmoleiro
Manolo Lama provocou o mércores pasado a indignación ao mofarse dun esmoleiro de Hamburgo, nunha reportaxe que emitiu Cuatro.
Lama animaba daquela a un grupo de seareiros do Atlético a botar unhas moedas a un esmoleiro, entre as risas dos seguidores. A conexión foi vista por miles de persoas como unha burla ao esmoleiro, e rapidamente se creou un grupo de Facebook para exixir o despedimento de Lama.
Tanto Lama como Cuatro se desculparon ao día seguinte. Lama dixo que só intentaba "arrincar un sorriso desa persoa" e a cadea defendeu a boa fe do xornalista. Mais a polémica non fixera máis que comezar.
Mentres a indignación na rede continuaba, o escándalo saltou ás capas dos medios de comunicación de Hamburgo e daí aos alemáns e europeos. O ministerio de Industria anunciaba unha investigación sobre o acontecido e Opel, patrocinador da cadea exixiu unha desculpa máis contundente.
En resumo, un episodio lamentable para a profesión xornalística e unha longa semana para o Lama que vía como despedían tamén nestes días ao seu compañeiro de programa na Ser Paco González.
CPXG