Morre o fotógrafo Virxilio Viéitez aos 78 anos
Virxilio Viéitez, un dos máis destacados fotógrafos da segunda metade do século XX en Galiza, morreu a pasada madrugada ao non superar graves problemas físicos. Estaba considerado un retratista á altura dos nomes máis famosos da fotografía mundial.
Dous dos grandes admiradores de Virxilio Viéitez, os profesores Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, comparárono con talentos tales como Paul Strand, August Sander, Walker Evans, Richard Avedon ou Diana Arbus.
A súa fotografía significou unha revolución nos retratos rurais, ao rachar as vellas convencións do estudio e incluír nas imaxes elementos vexetais ou obxectos cotiáns que non só definían os protagonistas dos retratos senón que testemuñaban toda unha cultura e un modelo de sociedade.
Virxilio Viéitez naceu en Soutelo de Montes (Forcarei) no 1930. 25 anos despois regresou da emigración catalá para dedicarse profesionalmente á fotografía.
Practicamente toda a vida das décadas dos 50, 60 e 70 na Terra de Montes pasou polo seu ollo. Reportaxes de vida tales como bailes, partidos de fútbol ou espectáculos circenses; tamén fotos de voda e comuñón e especialmente retratos.
Os seus retratos conseguen darlle dignidade ao fotografado, aínda que, como ocorreu nalgunha ocasión, Viéitez coloque un neno con traxe de primeira comuñón arrodeado de coellas nunha veiga.
Foron famosos os seus retratos de indianos con coche caro, á beira de casas humildes que non tiñan nin auga da traída.
A súa obra é hoxe estudada en facultades e escolas de Fotografía. Incluso foi protagonista dunha das edicións da Fotobienal de Vigo
REDACCIÓN
A NOSA TERRA