Nace a plataforma en defensa da Radiotelevisión pública galega

Dossieres

Este mércores 14 de marzo presentouse en Compostela a Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega, composta por colectivos políticos, sindicais, culturais, educativas e en defensa da lingua.

A Plataforma, que conta con Lola Ferreiro e Cándido Pazo como voceiras, advirte de que "importantes sectores políticos e económicos préstanse ao desmantelamento da radiotelevisión publica, ben propoñendo a desaparición da oferta (eliminando canles), ben "externalizando" a súa actividade (baleirándoa de contido), ben desvirtuando conceptos lexitimadores do servizo público ou debilitando os seus recursos".

A Plataforma aínda non definiu as accións concretas que vai desenvolver pero xa presentou o seu manifesto e están a realizar unha campaña de recollida de sinaturas de apoio.

A Plataforma está constituída polas seguintes organizacións: Alternativa Radio Galega, Asemblea Republicana de Vigo, Asociacion de Equipos de Fútbol de 3ª Preferente e 1ª Rexional, Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe en Galicia, Asociación Galega de Guionistas, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Associaçom Galega da Língua, Bloque Nacionalista Galego, Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras, Comisións Obreiras, Comité Interemrpesas da CRTVG, Confederación Intersindical Galega, Encontro Irmandiño, Espazo Ecogaleguista, Esquerda Unida, Feministas Compostela, Frente Popular Galega, Galiza Cultura, Mesa Pola Normalización Lingüística, Mocidade Nacionalista Galega, Nova Escola Galega, Partido Socialista de Galicia, ProLingua, Redes feministas, Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza, Sindicato de Xornalistas de Galicia, Sindicato Labrego Galego, Unión General de Trabajadores e Unión Sindical Obrera.

Documentación