Novos despedimentos na SER

Dossieres

A dirección da Cadena SER ven de anunciar a súa intención de impoñer un ERE que afectaría en principio a uns 200 traballadores, e ao 10% do salario da totalidade do persoal.

Hai pouco máis de medio ano, xa se pechara un ERE para 250 persoas que aseguraría os postos de traballo restantes, ou iso se dixo.

Os traballadores da canle xa manifestaron a súa oposición ao ERE e anunciaron medidas de protesta como a folga de sinaturas ou a non realización de horas extras. Ademais, vai realizarse unha folga aínda por concretar entre o 25 de xuño e o 1 de xullo.

A Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas manifestou o seu malestar polos despedimentos porque a SER é unha empresa rendible e os despedimentos non obedecen a ningunha outra necesidade que a de obter máis beneficios a costa de deteriorar a calidade de vida dos profesionais e/ou a calidade do produto que elaboran, e polo tanto que escoita a súa audiencia.

Documentación