O CPXG denuncia a utilización de menores en relación coa desaparición dunha moza sevillana
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar a súa preocupación polos reiterados incumprimentos dos principios deontolóxicos que se produciron nos medios de comunicación nos últimos días.
A recente desaparición dunha moza sevillana, presuntamente asasinada, volveu provocar que boa parte dos medios, especialmente dos audiovisuais, incurriran en prácticas que, ademais de poderen ser constitutivas de delito, corren o risco de causar un dano irreparábel ás persoas afectadas. Nesta ocasión, para alén das recomendacións sobre o tratamento dun posíbel caso de violencia de xénero (para o que o CPXG segue a remitir á Declaración de Compostela), a cobertura informativa foi aínda máis prexudicial ao implicar a menores de idade.
Con efecto, algúns medios de comunicación reproduciron e usaron de maneira sensacionalista información e imaxes sobre a moza desaparecida e sobre un menor acusado de encubrimento sacadas da rede de Internet Tuenti, facilitando a identificación deste último. Así mesmo, unha menor relacionada cun dos detidos foi entrevistada en televisión. O feito de que o fixera con autorización paterna non xustifica o dano que lle pode causar esta participación nos medios que só busca un aumento do sensacionalismo, e así o entendeu a fiscal xefe de Sevilla, María José Segarra, que abriu de oficio dilixencias sobre o tema e anunciu que ía dilucidar se estas prácticas atentan contra o direito á intimidade e a honra dos menores.
O CPXG quere denunciar enerxicamente este tipo de prácticas, ás que se ven levados moitos e moitas xornalistas polas súas empresas e grupos mediáticos, mergullados nunha loita polas audiencias. Neste sentido, o CPXG quere lembrar a súa aposta polo estabelecemento de organismos arbitrais, representativos, plurais e independentes dos poderes públicos, que, entre outras cousas, velen polo cumprimento dos códigos deontolóxicos en beneficio de toda a sociedade. No ámbito galego, o CPXG xa reclamou neste sentido, reiteradamente, a creación dun Consello da Comunicación de Galicia que salvaguardaría á poboación galega deste tipo de prácticas, ademais doutros comportamentos contrarios aos dereitos fundamentais das persoas e á liberdade da información.
O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)