O Goberno confirma a liberación do fotógrafo español José Cendón
O Goberno español confirmou a liberación do fotógrafo galego José Cendón que foi secuestrado o pasado 26 de novembro na rexión somalí de Puntlandia. O fotógrafo atópase "ben" e o ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, Miguel Angel Moratinos, falou por teléfono con el e coa súa familia.
O embaixador de España en Kenya, Nicolás Martín Cinto, xa se reuniu co reporteiro galego no hotel International Village, de Bosaso, dende onde ten previsto trasladarse a Nairobi, cidade na que España conta con Embaixada permanente, para ser repatriado a España. Tamén foi posto en liberdade o xornalista británico Colin Freeman que foi secuestrado con Cendón cando os dous reporteiros realizaban unha reportaxe sobre piratas no norte de Somalia.
A liberación dos dous xornalistas prodúcese despois de que onte dous diplomáticos, un español e outro británico, que se desprazaran a Bosaso, principal cidade da rexión de Puntlandia, negociasen a súa liberación, segundo unha fonte policial, quen asegurou a Efe que se pagou un rescate non determinado.
O Daily Telegraph, medio para o que estaba a traballar Cendón, e a célula diplomática constituída en Londres foron os encargados de dirixir os contactos para mediar cos captores, xunto ao embaixador de España en Kenya, Nicolás Martín Cinto, que xa interveu con éxito en 2007 para lograr a liberación de dous cooperantes de Médicos Sin Fronteras, que estiveron apresadas unha semana nesa mesma rexión.
Mañá de confusión
O anuncio por parte do Goberno español da posta en liberdade de Cendón chega logo dunha mañá de certa confusión sobre a veracidade da noticia. A familia do fotógrafo galego negou nun primeiro momento a liberación despois de Exteriores aseguráselles que o fotógrafo seguía retido e que as negociacións para a súa posta en liberdade "ían por bo camiño", informa Sonia Vizoso.
Tras a confirmación da posta en liberdade do reporteiro, Julia, a irmá de José Cendón declarou que sabe que "se chegou a un acordo cos secuestradores" para a liberación do fotógrafo aínda que en ningún momento recibiron, a través das canles oficiais, demanda económica ningunha dos captores.
Os pais de José Cendón "están felices", asegurou a irmá do fotógrafo e que o pai "aínda non llo/llelo cree, e quere escoitar a súa voz". Julia Cendón asegurou que a familia "aínda non falou con el" e que ela o quere "facer cara a cara para que me conte todos os detalles". No momento de manter a conversación con Efe, Julia Cendón atopábase no aeroporto para voar ata Kenya, onde mañá luns ten previsto atoparse co seu irmán.
Reportaxe sobre piratas
Cendón foi secuestrado xunto ao xornalista británico Colin Freeman o pasado 26 de novembro. O reporteiro galego é un xornalista freelance para a axencia France Press en Addis Abeba, onde reside, pero estaba a facer un traballo especial en Somalia para o diario británico The Daily Telegraph cando foi secuestrado no norte do país africano.
José Cendón e Colin Freeman cubrían a información sobre os piratas somalís, que teñen os seus refuxios na provincia nororiental de Puntlandia. O secuestro produciuse cando se dispoñían a trasladarse ao aeroporto de Bosasso para abandonar a zona. O Goberno de Puntlandia, zona semiautónoma no norte de Somalia, dixo no seu momento que Cendón e Freeman foron vítimas dunha trampa que lles tenderon os seus intérpretes somalís.
Dende a caída do Goberno en 1991, Somalia é un país sen Estado controlado por distintos señores da guerra e con crecente influencia dos islamistas, o que o converteu nun foco de inestabilidade. A finais de 2007 xa foi secuestrada Piar Bauza, unha cooperante española na zona. Puntlandia, rexión costeira ao norte do país, é un dos principais baluartes de piratas e onde se secuestraron máis de oitenta embarcacións en 2008.
EL PAIS / AXENCIAS
NAIROBI / SANTIAGO DE COMPOSTELA
Comunicado do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA
CONSULTA AQUÍ AS ÚLTIMAS NOVAS: