O OM elabora un decálogo para o tratamento dos casos de menores
A paliza que un rapaz propinou a outro en Boiro, ante a atenta mirada doutros que os gravaban e coreaban, foi a peza sobre a que xirou o informe do Observatorio dos Medios do CPXG, que concluiu cun decálogo de recomendacións
O Observatorio dos medios concluíu o informe sobre as novas acerca da paliza que un menor lle deu a outro en Boiro cun decálogo de recomendacións a seguir no tratamento de casos de violencia nos que haxa menores implicados. Este decálogo pretende evitar que os medios pasen por alto o dereito á intimidade e á protección dos menores.
O informe céntrase no caso de Boiro revisando detalladamente os xornais e medios audiovisuais galegos e analizando unha selección dos xornais estatais.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) encargara este informe o seu Observatorio no intento de amosar a súa preocupación pola difusión mediática das imaxes nas que aparecían os menores protagonistas da pelexa. A natureza do caso, no que están implicados menores de idade, a brutalidade dos feitos e a circunstancia de que a gravación se levara a cabo coa vontade deliberada de darlle difusión, son argumentos máis que suficientes para que se decidise abrir unha reflexión sobre este asunto.