O rastro de 'Xornal' desaparece da Rede

Dossieres

Primeiro desapareceu das rotativas e dos quioscos. Despois, e a pesar da promesa inicial da empresa editora, o Grupo San José, o proxecto paralizouse na web.

E agora o peche complétase: 38 persoas despedidas e un rastro, o de Xornal de Galicia, que desapareceu de Internet. Desde a mañá de onte e por decisión da compañía editora, ningunha das noticias producidas nos 13 anos de vida do medio de comunicación -tres en papel- con sede na Coruña pode consultarse vía electrónica. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) emitiu onte un comunicado no que pide que se manteña a hemeroteca dixital do Xornal.

"O historia dos contidos dun medio é un patrimonio dos profesionais que os elaboraron, da audiencia que os leu e comentounos e da sociedade que retratou ao longo da súa existencia", sinala a nota. O Colexio afirma que os propios traballadores do xornal solicitaron "a conservación deste patrimonio informativo" pero que esta "non está garantida. Nin sequera é seguro se ata está definitivamente perido e irrecuperable". O órgano colexiado ata realizara xestións co Consello da Cultura Galega, que se mostrou disposto a aloxar nos seus servidores electrónicos os materiais de Xornal. Co semanario A Nosa Terra, tamén de San José e tamén pechado, sucede o mesmo.

D. S.
SANTIAGO

Documentación