O Valedor suxire a reforma da Lei da CRTVG para "garantir" a súa neutralidade política e crear o Consello Asesor
O Valedor do Pobo aposta porque o Goberno galego proceda á reforma da Lei de Creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para "garantir" a súa "obxectividade e neutralidade política" no tratamento da información institucional e da política (...)
(...) e para que se establezan uns criterios de acceso dos grupos políticos aos medios de comunicación públicos que respecten estes principios, a súa representación parlamentaria e a implantación política no ámbito territorial.
Esta é a suxestión que realiza o alto comisionado do Parlamento a raíz da queixa presentada o pasado mes de xuño polo PPdeG na que reclamaba a intervención do Valedor ante a suposta "censura, falta de pluralidade, neutralidade e imparcialidade" na Televisión de Galicia.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, reiterou no último Debate sobre o Estado da Autonomía, celebrado a primeira semana de outubro, o compromiso de pechar antes de que finalice este ano o proxecto de reforma da CRTVG, a lexislación da cal está vixente dende hai 24 anos.
Para o Valedor do Pobo, esta é a vía para "fortalecer os instrumentos de garantía" respecto da información institucional e política e o dereito de acceso dos grupos políticos e sociais aos medios de comunicación de titularidad pública.
Así mesmo, o alto comisionado tamén recomenda a constitución do Consello Asesor, xa previsto na lei de creación do ente, pero non desenvolvido.
O Valedor do Pobo recorda que un dos obxectivos da programación é "manter unha liña de obxectividade, pluralismo e servizo ao pobo galego incompatible con ningún tipo de partidismo", polo que avoga por desenvolver os dereitos de antena para establecer "unhas pautas xerais de comportamento informativo acordes co pluralismo político, relixioso, social, cultural e lingüístico" e que "garantan a neutralidade informativa".
Ante a queixa presentada polo PP e a documentación de resposta a esta remitida pola dirección da CRTVG, o Valedor fala de "permanente polémica e discrepancias políticas" sobre a avaliación do funcionamento dos informativos da TVG, pero evita tomar partido por ningunha das partes.
Iso si, advirte de que deben ser os axentes políticos os que establezan "dunha forma definitiva" unhas regras de xogo obxectivas e que lles sirvan "tanto se a continxencia política os sitúa en tarefas de goberno como de oposición".
Así, o Valedor sinala que a intención das súas recomendacións é "lograr un necesario consenso nos temas principais, legais e de xestión ordinaria".
Valoracións contrapostas
Ante este informe, o director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, interpreta que o Valedor "rexeita a queixa política" formulada polo PPdeG, ao que acusa de "intentar unha vez máis desprestixiar os medios públicos de Galicia".
Fronte a iso, reivindica que "o mellor aval" do traballo da canle pública son os datos de audiencias, que na súa opinión, son "os mellores da historia".
Ao respecto, Benigno Sánchez indicou que en setembro deste ano o Telexornal-1 alcanzou unha cota media de pantalla do 33,5 por cento, mentres que a segunda edición de espazo quedou co 18,8 por cento.
Acerca de que o Valedor aposte pola reforma da Lei da CRTVG, recorda que este é un compromiso do Goberno galego e apunta que esta revisión está emprendida na maioría das comunidades "salvo nas que goberna o PP", e achega como exemplos Murcia, Madrid ou Valencia.
Pola contra, para o PP, o Valedor do Pobo "recoñece que a TVG non é plural, obxectiva nin neutral" con este partido e destaca o feito de que o alto comisionado recoñece o dereito da oposición a "facer chegar os seus criterio respecto da actividade institucional".
"Pola contra, resultaría un desequilibrio de acceso aos medios públicos e unha descompensación entre o nivel de representación popular e as devanditas posibilidades de acceso", apunta o informe.
Os populares destacaron nun comunicado que estas consideracións supoñen que o Valedor admite "o principal argumento" da súa queixa sobre "a falta de pluralidade nos contidos dos informativos da TVG".
EUROPA PRESS
SANTIAGO DE COMPOSTELA