Os medios dixitais piden aos candidatos de PSOE e PP un debate en internet

Dossieres

Perante as eleccións do 9M, os medios dixitais pediron aos candidatos do PSOE e PP un debate en Internet aberto a todos os medios 'en liña', ademais dos dous debates en televisión xa acordados, porque en España hai máis de 20 millóns de persoas con acceso á Rede que a utilizan como plataforma para informarse, comunicarse e decidir.

Argumentan tamén na petición que son moitos os españois residentes no exterior que teñen Internet como o seu principal medio de acceso a información e participación e poderán así, xunto aos internautas do interior, ter a posibilidade de participación en tempo real e dun modo moito máis eficaz que outros soportes tradicionais.

A edición en rede de www.20minutos.es explica que a esta iniciativa para que José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy participen nun debate en internet aberto a todos os medios 'en liña sumáronse xa Terra e Twitter. Terra, o portal líder en fala hispana, con presenza en España e 18 países de Latinoamérica, difundiría o debate a través da súa televisión en internet, TerraTV.

Os internautas poderán ademais enviar todas as súas preguntas a través de Twitter

www.20minutos.es, que é o terceiro medio xeneralista en liña en España por número de usuarios (tras elmundo.es e elpais.com), ofreceuse para organizar o debate, facelo nun lugar público e que poidan sumarse a el e conectarse todos os medios en liña que desexen dalo en directo aos seus usuarios.

www.20minutos.es e o resto de organizadores porían a disposición de Zapatero e de Rajoy todos os soportes necesarios para a celebración do cara a cara e cederían gratuitamente o sinal audiovisual en Internet a todos os medios de comunicación que o desexen.

O debate faríase cun moderador acordado cos dous partidos e con preguntas dos usuarios de todos os medios en liña que se somen a esta iniciativa.

PERIODISTAS-ES

Documentación