Os novos colexios profesionais de xornalistas

Dossieres

A presidenta da Federación de Asociacións de Prensa de España (FAPE), Magis Iglesias, anunciou, a conversión da Asociación da Prensa murciana en Colexio Profesional. Outras Asociacións integradas nesta organización están tamén a realizar os trámites para a súa conversión en colexio profesional.

O Col.legi de Periodistes de Catalunya e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, foron pioneiros na creación destas entidades de dereito público e que teñen a representación legal dos xornalistas de cadansúa comunidade. Coa chegada da nova presidenta da FAPE, Magis Iglesias, o proceso de conversión das Asociacións da Prensa en Colexio Profesionais empeza a tomar forma. Esta iniciativa, que xa comezara débilmente co anterior presidente, González Urbaneja, comeza a coller forma e son xa moitas as comunidades que comezaron os trámites para a creación dun Colexio Profesional como órgano que legalmente pode representar ós xornalistas.

Documentación