Os sindicatos de xornalistas chamaron á folga aos profesionais afectados polos recortes salariais do Goberno
A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) expresaron o seu apoio á folga xeral convocada para o pasado martes entre os funcionarios e empregados públicos contra os recortes salariais que o Goberno decidiu aplicar a eses traballadores.
A FeSP chamou aos profesionais da comunicación de empresas públicas e os gabinetes de prensa das distintas Administracións, entre outras, para que participen no paro como resposta á ameaza que supón para eles o inxusto recorte dos seus salarios a pesar de que non son os causantes da crise.
A quen non se vían afectados por estes recortes de xeito directo, a FeSP pediulles que mostren a súa solidariedade cos traballadores en folga a través de mensaxes de apoio en defensa dos seus dereitos e participando nas manifestacións convocadas polos sindicatos.
Todos os traballadores debemos manifestarnos contra estes recortes salariais, que son a antesala dunhas reformas laborais xa anunciadas polo Goberno e que foron deseñadas de acordo a criterios empresariais, co obxectivo de reducir as indemnizacións por despedimentos e aumentar a flexibilidade destes, o que facilitará a destrución de emprego.
Son medidas inxustas e retrógradas, destinadas a que sexan os traballadores quen paguen as consecuencias dunha crise provocada pola especulación financeira, protexida pola indiferenza culpable dos organismos internacionais de control e a pasiva neglixencia dos gobernos que lanzaron aos seus cidadáns aos pés do terrorismo financeiro.
A FeSP chamou á mobilización dos traballadores da comunicación, mostrando a nosa solidariedade cos compañeiros en folga e preparándonos para resistir con idéntica firmeza futuras medidas previsibles que requirirán unha resposta conxunta de todos os traballadores.
O paro tivo finalmente un escaso seguimento, que foi cifrado polo goberno nun 12%, datos moi discutidos por algunhas centrais sindicais. Mais nalgúns medios públicos, especialmente nos da comunidade autónoma catalá, o seguimento da folga chegou a mais dun 90%, o que lle concedeu unha ampla visibilidade. Neste dossier recollemos alguns posicionamentos e noticias arredor desta folga e das súas razóns e resultados.
FeSP / CPXG