Os Weblogs: a autoedición
Do diario baixo candado propio da adolescencia pasouse ao exhibicionismo puro: os weblogs. A creación de diarios na rede está en auxe, un proceso de comunicación que merece ser analizado. Mais, que é un blog? Cal é a definición adecuada para este fenómeno comunicativo dos nosos tempos? A existencia de máis de 48 millóns de diarios online merecen atención.
Trátase dunha páxina persoal en internet moi fácil de xestionar, de feito, é esa sinxeleza á hora de manexala a responsable de parte do seu éxito. Nela, o autor inclúe contidos a modo de artigos que se van ordenando cronoloxicamente de xeito inverso. Así, cando un accede a un blog, sempre ve a información máis recente, coa data e hora na que foron publicadas, así como un enlace permanente ao propio artigo. Ademais, existe a posibilidade de deixar comentarios e ler os que deixaron outros visitantes, un feed-back de grande interese.
Estas ferramentas permiten que a través dunha interface web poidan publicarse e comentarse (a non ser que o autor non o autorice) os artigos que se van publicando. Ademais, a posibilidade de incluír ligazóns (vínculos con outras páxinas) permite unha contextualización do contido que alí se recolle. Así o usuario pode ir a outros sitios que o autor xulga interesantes para ampliar a información.
A novidade está en que o software creou un novo xénero, ao deixar de lado a estética para darlle máis importancia aos contidos. Un xénero, unha linguaxe e unha comunidade de seu, que cada día ten máis incidencia na web.
Log en inglés significa rexistro da actividade dun servidor e tamén un diario. Por iso o diario na rede dun internauta chámase dende 1997 weblog, ou na forma abreviada blog. A palabra patrimonial que se utiliza tanto en castelán como en galego é bitácora, os cadernos nos que os navegantes anotaban o seu día a día.
De que se fala nun blog? De todo, dende confesións íntimas e persoais ata os debates máis intensos sobre o estado da política, tecnoloxía ou o que sexa. Os artigos non están limitados a só texto: hoxe o software permite introducir imaxes, vídeos, animacións, etc.
E no mundo blogueiro, cúmprese o dito de que "falar non ten cancelas": hai moitas plataformas gratuítas onde hospedar o seu diario na rede, como Blogger, das máis fáciles de manter, aínda que limitada en canto a cuestións de deseño máis profesional. Para aqueles máis introducidos no tema MovableType ou Wordpress son os espazos idóneos, xa que permite unha maior manipulación e persoalización da bitácora. En versión española existe Blogia e La Coctelera.
No mundo blogueiro tamén manda o inglés: cada entrada é un post, o blogueiro é un blogger, as plantillas son templates, a ligazón o post é o permalink, as palabras clave son tags, son exemplos do glosario da blogosfera. O interese da blog é directamente proporcional á súa actividade: actualización do seu contido, novas ligazóns e comentarios, e canta maior actividade máis visitas xera.
Os links, os comentarios, a facilidade de publicación, son características que hoxe nos parecen pouco relevantes e moi evidentes, pero que son o que permitiron a emerxencia deste fenómeno comunicativo.
A controversia xorde cando tratamos de clasificar ese novo xénero, sobre todo se se propón o debate de se as bitácoras son xornalismo ou non. A resposta máis adecuada é un "depende", non se poden englobar todos os blogs baixo o mesmo criterio.
Nun momento en que os medios tradicionais están a padecer unha crise de credibilidade e de confianza por parte dos seus lectores, e cando a rede está a medrar e a desenvolverse, esta alternativa dos minimedios, da voz individual xorde entre os grandes xigantes da comunicación.
A cuestión está en se estas bitácoras contribúen á democratización da información ou están invadindo un terreo reservado aos medios de comunicación e, polo tanto, están favorecendo a desinformación.
Isto será o que se intentará esclarecer nas páxinas que veñen a continuación: como a blogosfera está a incidir nos medios de comunicación tradicionais, e se se trata dunha relación de substitución ou de complementación.
O debate está aberto.
Un traballo de Eliana Martins Alvela