Os xornalistas galegos dótanse dun código deontolóxico de seu
A Asemblea Xeral do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), celebrada en Santiago, aprobou o Código Deontolóxico da profesión, que o xornalista "debe defender e aplicar rigorosamente" para garantir o dereito da sociedade a recibir unha información plural, veraz e independente.
O Código Deontolóxico foi elaborado nos primeiros anos de vida do Colexio. Neste tempo foise adaptando as suxestións e modificacións que os propios colexiados foron aportando. O texto establece os puntos básicos para a ética da profesión.
Na súa declaración final, propón a creación dun Consello da Comunicación de Galicia "organismo arbitral, representativo, plural e independente dos poderes públicos" que defenda a sociedade dos "intentos de limitar o dereito dos cidadáns á liberdade de expresión e de información, mediante actos ou opinións dirixidos a restrinxir ou influir lesivamente na libre actividade dos medios de comunicación e de quen traballan neles".
O texto defende como "necesario" o establecemento de estatutos de redacción nos medios "como instrumento máis axeitado para acoutar os seus dereitos e deberes nas empresas, e para conseguir, en última instancia, unha maior transparencia no exercicio da súa función diante da cidadanía".
A declaración final tamén fai unha férrea defensa do segredo profesional e da claúsula de conciencia, como ferramentas para garantir os seus dereitos profesionais.
Criterios
Ó longo de doce puntos, o Código Deontolóxico enumera os criterios que debe atender o xornalista para desenvolver con ética a súa profesión. As indicacións sobre as informacións relacionadas con menores ou que poidan suscitar discriminacións, sobre o off the record, a obtención de imaxes e informacións, as retribucións e as rectificacións forman parte, entre outras, desta norma de autorregulación da profesión xornalística.
A asemblea celebrada o sábado en Compostela é a primeira que se convoca desde que o actual decano, Xosé Manuel Pereiro, accedeu ó cargo, o pasado mes de maio.
O CPXG é unha corporación de dereito público, creada por lei do Parlamento de Galicia, que representa na actualidade a máis dun milleiro de profesionais da información.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2008
CPXG