Polémica pola volta das touradas a TVE
Un ano máis, a decisión de TVE de emitir touradas en horario infantil, este 1 de setembro, xerou numerosas queixas. Na nosa comunidade, a asociación Galicia, Mellor Sen Touradas presentou unha petición ao Parlamento galego que foi admitida a debate.
Tamén a deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Olaia Fernández Davila criticou a decisión no Congreso, e pediu que non se repita esta decisión.
Contodo, a volta das touradas a TVE significou un ascenso da audiencia media (aínda que non aconteceu así en Galicia, onde as cifras foron máis ben baixas), e o director da canle asegurou que se seguirán a retransmitir este tipo de eventos.