Proxecto da Lei de Propiedade Intelectual
A semana pasada representantes da Plataforma polos Dereitos de Autor dos Xornalistas fixéronlle chegar aos portavoces de todos os partidos políticos con representación parlamentaria as súas enmendas ao Proxecto de Lei polo que se modifica o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual.
A Plataforma, considera que o anteproxecto de lei da reforma da lei LPI non recoñece nen regula adecuadamente os dereitos de autor dos xornalistas, está formada polo Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP) que integra os sindicatos CCOO, FeSP, UGT, Sindicat de la Imatge Upifc, Asociación de Informadores Gráficos de Prensa e Televisión (ANIGP) e os colexios profesionais de Catalunya e Galicia; a Federación de Asociacións da Prensa (FAPE) que integra 48 asociacións españolas da prensa federadas e 16 vinculadas; e os colexios de Andalucía, Murcia e Castilla e León. A Plataforma constitúe o grupo máis numeroso e representativo dos profesionais de información e comunicación de España.
var addthis_config = {"data_track_clickback":true};