Publicidade sexista

Dossieres

Nesta semana, o Servizo Galego de Igualdade (SGI) da Xunta de Galicia presentaba o informe realizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia sobre a publicidade sexista nos medios, no que se revelaban uns preocupantes datos: Unha cuarta parte da publicidade dos medios galegos presenta unha imaxe da muller estereotipada e en termos non igualitarios.

Outros organismos teñen realizado tamén, noutros territorios do Estado, estudos semellantes que reflicten que aínda hai moito por facer para avanzar nunha imaxe igualitaria das mulleres na publicidade. Coas festas de Nadal e o aumento do volume publicitario, o impacto destas mensaxes discriminatorias é, se cabe, maior, destacando o caso da publicidade de xoguetes polo que teñen de transmisores de ideoloxía á infancia. Presentamos unha selección das noticias que trataron o tema nos últimos días, así como o Decálogo para identificarmos o sexismo na publicidade do Observatorio Andaluz de la Publicidad no Sexista e outros documentos.

OM / CPXG

Documentación