Recomendacións extraídas do foro sobre comunicación e persoas maiores

Recursos

Análise das ligazóns que existen entre os/as xornalistas, a cidadanía e a comunidade universitaria dentro do Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social que organiza o Observatorio dos Medios.

O Foro sobre Comunicación e Persoas Maiores encádrase dentro do Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social que organiza o Observatorio dos Medios, coa intención de actuar profundizando na análise das ligazóns que existen entre os/as xornalistas, a cidadanía e a comunidade universitaria.

  • Deberase sensibilizar aos profesionais e educar ao público en xeral, valéndose dos medios de difusión e campañas de concienciación, sobre a cuestión dos abusos contra as persoas de idade e as súas diversas características e causas.
  • É necesario alentar aos medios de difusión a promover imaxes nas que se destaquen os puntos fortes, as aportacións, o valor e a inventiva das mulleres e homes maiores, incluídas as persoas de idade con diversidade funcional.
  • Cómpre recoñecermos que os medios de difusión son precursores do cambio e poden actuar como factores orientadores na promoción do papel que corresponde ás persoas de idade no desenvolvemento, mesmo en zonas rurais.
  • Deberanse facilitar as aportacións das mulleres e homes de idade á presentación das súas actividades e preocupacións por parte dos medios de difusión.
  • Os medios de comunicación de masas han de representar o envellecemento de maneira máis adecuada á realidade: un proceso común a todos, marcado por perdas e mudanzas, mais propicio a novas conquistas.
  • É dunha grande importancia desenvolver unha visión crítica deste proceso, para saber identificar os signos que retratan o envellecemento soamente coma un novo mercado.
  • Faise necesario alentar aos medios de difusión a transcender a presentación de estereotipos e iluminar a diversidade plena da humanidade.