REE pecha a emisión por onda curta

Dossieres

O consello de administración da Corporación Radiotelevisión Española aprobou antes do verán a eliminación da banda de onda curta a través da que se emitía Radio Exterior de España (REE), logo de máis de 70 anos de historia, para aforrar 1,2 millóns de euros ao ano.

Así, este 15 de outubro se producía o apagamento, e o servizo exterior da radio pública española pasaba a emitir unicamente por internet.

A decisión provocou unha avalancha de correos de protesta a título particular na conta da emisora, comunicados de prensa de asociacións, laios nas redes sociais e iniciativas parlamentarias en contra da desaparición das emisións analóxicas deste servizo.

Un colectivo especialmente prexudicado por esta decisión é o dos mariñeiros embarcados, para os que REE significa en moitos casos o seu único contacto coa información dos seus lugares de orixe.

Neste dossier recollemos algunhas das informacións arredor desta decisión.

Documentación