Tempo convulso en TVE
Desde que Leopoldo González Echenique recoñecera, o pasado martes 24 de xuño no Congreso, que a Televisión Española (TVE) acumulaba unhas perdas de 716 millóns de euros, os movementos no ente público aceleráronse nas últimas semanas.
Uns poucos días despois, TVE anunciaba a marcha de Ignacio Corrales como director da canle, e o nomeamento de José Ramón Díez. Xunto con Corrales marcharía tamén o seu segundo, Alejandro Flórez, director del área de televisión.
O Goberno, pola súa banda, anunciaba a concesión dunha achega de 130 millóns de euros a RTVE de forma extraordinaria. A medida, aprobada pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) co obxectivo de evitar a creba da empresa pública, presentouse como realizada sen ningún tipo de condición. Contodo, Leopoldo González Echenique presentaba a continuación ao Consello de Administración do ente público un plano de axuste, no que se contempla o peche das emisión en televisión de Teledeporte e o estudo dun plano de baixas voluntarias para o persoal.
O último revulsivo no universo da TVE foi un duro comunicado no que o Consejo de Informativos exixía a dimisión de Julio Somoano e culpábao de manipulación e de provocar a perda de prestixio e audiencia da canle. A resposta de Somoano no xornal El Mundo, afirmando que "agora mesmo o programa de servizos informativos que menos audiencia ten é no que hai máis membros do Consejo: El mundo en 24 horas" encendeu aínda máis os ánimos entre os traballadores.