TVE-Canarias

Dossieres

O peche de instalacións de RTVE no arquipélago canario provocou o descontendo dos profesionais do ente, que recadaron 200.000 sinaturas para levar o seu caso ante o Parlamento Europeo.

O presidente de RTVE Luis Fernández, asegura que chegou a un acordo cos sindicatos, mentres estes aseguran que Televisión Española en Canarias eliminou a programación que emitía pola 2 do circuíto rexional canario, "ademais de eliminar todas as producións, retransmisións e participación nas canles estatais e internacionais de TVE".

Con esta decisión, os sindicatos aseguran que se prescinde do único medio de comunicación que serve de nexo de unión ó arquipélago co resto de España e Europa e incúmprense os acordos firmado por RTVE, a SEPI e os sindicatos en xullo de 2006.

Documentación