V Edición do Premio José Couso
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol crearon o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en memoria do cámara ferrolán José Couso, disparado no Hotel Palestina de Bagdad o 8 de abril de 2003, mentres cubría o conflicto bélico en Iraq para os informativos de Tele 5.
Este ano celébrase a V Edición dun premio que foise consolidando a través dos anos ata se converter nun referente tanto nacional como internacional. Caixanova renovou o seu compromiso co premio, mostrando un apoio decidido a continuar coa iniciativa.
José Couso foi disparado o 8 de abril de 2003 mentres realizaba o seu traballo para os informativos de Tele5. No mesmo ataque faleceu o tamén cámara ucrainiano Taras Protsyuk. O CPXG, xunto co Club de Prensa de Ferrol e Caixanova, quixeron personalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.