Varias canles violaron dereitos fundamentais dos menores
O Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC) dirixiuse ó Ministerio de Industria para lle informar que a 1 de Televisión Española (TVE), Telecinco e Antena 3 vulneraron dereitos fundamentais dos menores na información sobre o caso da menor desaparecida o 24 de xaneiro en Sevilla, M.C.
Varios dos menores foron entrevistados en plató ou ante as cámaras sen disimular a súa aparencia e vulnerando dereitos como o de protección da honra, a intimidade e a propia imaxe.
Este informe é coincidinte co emitido días atrás sobre o mesmo caso polo Consello do Audiovisual de Andalucía e o CAC dirixiuno ó Ministerio de Industria por se tratar de canles de ámbito estatal que escapan ó control do organismo regulador catalán.
En declaracións á prensa, portavoces deste Ministerio alegaron que as súas competencias só se refiren ós menores como espectadores e que as denuncias do CAC deben ser atendidas pola fiscalía.
Mentres tanto, o Goberno segue dilatando o seu compromiso dun consello do audiovisual de ámbito estatal con competencias para sancionar e deter estes abusos e violacións das televisións.
FeSP