X Premio José Couso

Dossieres

Ricardo García Vilanova e Javier Espinosa recollían este mércores 30 en Ferrol o X Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’, que comparten co reporteiro Marc Marginedas.

Os tres xornalistas premiados foron presentados de forma conxunta en recoñecemento ao seu traballo e á difícil labor de informar nestes momentos en Siria, con mención especial a Vilanova polo seu traballo como freelance sen ter a cobertura dun gran medio detrás.

Os xornalistas de guerra en Siria impuxeronse na votación dos colexiados e colexiadas do CPXG e das socias e socios do Club de Prensa de Ferrol ás outras candidaturas: Edwy Plenel e Mediapart, eldiario.es, Lydia Cacho e The Guardian.

Con este novo galardón, fanse dez edicións do Premio Couso de Liberdade de Prensa. Ademais dos galardoados deste ano, os outros gañadores do Couso foron: Ali Lmrabet (2005), Le monde Diplomatique (2006), Jon Lee Anderson (2007), José Vidal – Beneyto (2008), Rosa María Calaf (2009), Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010), WikiLeaks (2011), o Consejo de Informativos da RTVE (2012) e Mónica García Prieto (2013).

CPXG

Documentación