Xa están en Galicia os xornalistas de Agareso
A Agareso e Amigos da Terra presentaron a experiencia vivida polos cinco reporteiros galegos que o pasado 16 de setembro viaxaron a Centroamérica e aos que sorprendeu o toque de queda na fronteira con Honduras.
Na roda de prensa, celebrada no Club Internacional. de Prensa de Santiago de Compostela, estiveron presentes catro dos cinco reporteiros que voaron até o golfo de Fonseca (Estrella López, Carlos Puga, Eva Alonso e Laura López) xunto coa presidenta de Amigos da Terra, Judith Sing.
Os xornalistas estiveron a visitar os distintos proxectos que Amigas da Terra está a levar a cabo en Nicaragua, Honduras e El Salvador. O seu traballo complementarase agora con charlas itinerantes por toda Galicia, unha exposición fotográfica sobre a viaxe e mesmo un documentario sobre a vida das comunidades de pescadores do golfo.
Judith Sing destacou a importancia dunha organización como Agareso, xa quea participación dos xornalistas nos programas de cooperación "vai garantizar aqque a comunidade galega vai ter información sobre a onde van as súas axudas ou que logros se consiguen con elas".
Estrella López fixo unha panorámica polos lugares e proxectos visitados, incluíndo a primeira entrada frustrada en Honduras, onde tiñan pensado pasar 3 días e só estiveron un e medio por mor do toque de queda. Destacou a sorpresa que lles causaron "a grande cantidade de plásticos que se tiraban" no El Salvador e "a alta conscoenciación co medio ambiente" en Honduras.
Eva Alonso, pola súa banda, destacou a gratitude que os habitantes desas zonas teñen polas axudas galegas: "A nota común é que estaban moi agradecidos polo pouco que se lles deu e, sobre todo, pola formación".
Laura López quixo inciudir tamén na formación ambiental, na que "se fixo un labor fundamental". Destacou o coñecemento dos nativos sobre os problemas medioambientais e quixo contrastalo co descoñecemento xeral destes noutros lugares como a propia Galicia.
Carlos Puga, por último, é o fotógrafo autor das fotografías coas que se realizará a exposición, que foron tamén presentadas na roda de prensa. Salientou, igual que o resto das participantes, a amabilidade e o agradecemento dos habitantes do golfo de Fonseca.
CPXG