A imaxe corporativa do Colexio foi deseñada pola empresa Revisión, partindo da absoluta liberdade para a súa creación. O resultado acadado finalmente resultou sinxelo, impactante e innovador.

A concepción formulada polos deseñadores foi a seguinte:

  • O círculo. A figura define un colectivo, unha globalidade, un conxunto, un ámbito profesional.
  • O centro. O punto central dun círculo grafíase tradicionalmente cun xis.
  • A inicial, emblema ou signo. A profesión como interés común arrededor do que se constrúe unha entidade formada por persoas de diferentes características e modos de pensar. O xis como letra emblemática da cultura do país. Multiplicar é aínda máis positivo que sumar (ilusións, esforzos, resultados).
  • O movemento. As ondas da comunicación, un círculo que rebule, odinamismo social como característica deste colectivo profesional.
  • Unha identidade. Un símbolo para un colectivo dinámico reunido arredor dun centro motor: o oficio, a comunicación.

Descarga o logotipo do CPXG en formato eps.