Biografía

Naceu na Coruña en 1974. Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 1996. Foi membro das redaccións de El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. En 2000 formou parte do equipo fundador de La Opinión de A Coruña, un xornal no que foi redactora ata 2006. Entre febreiro e agosto dese ano presentou na Televisión de Galicia o programa de debate Hai Debate! e os especiais informativos sobre a vaga de lumes. É redactora do diario El País en Galicia dende que se abriu a delegación en Galicia en novembro de 2006 ata a actualidade. Ten colaborado en revistas como Tempos Novos e Luzes.