Biografía
Xornalista especializado na comunicación para o desenvolvemento, a cooperación e o activismo social. En Onda Cero Radio é a voz e o responsable dos informativos de Pontevedra e do podcast de Dereitos Humanos e Solidariedade 'Contraparte'. Escribe en Pontevedra Viva, Voces Centroamérica e no blogue Referencias. No 2021, impulsa a creación da ONG BIG Radio, vinculada a comunicación comunitaria e a fenda dixital. Na actualidade afronta a coordinación de proxectos. A sua vez, forma parte da nómina de asesores internacionais da Asocación Mundial de Radios Comunitarias en América Latina y El Caribe (AMARC ALC). No pasado foi fundador e presidente da ONGD Agareso - Reporteiros Galegos Solidarios. A nivel editorial tamen é autor do libro: 'La cara más dura de la esperanza' - Libros del Futuro (2014).